|
• Noticias |
|
|
A Cofradía de Pobra do Caramiñal conta cunha nova embarcación para a rexeneración, control e limpeza |
|
O navío empregarase para realizar tarefas de limpeza de algas erexeneración dos bancos marisqueiros, algo que ata o de agora se levaba acabo coas propias embarcacións dos mariñeiros. Asemade, o barco entregado hoxe está dotado dunha grúa capaz de cargar ata 975 Kg de peso, evitando así que os traballadores teñan que trasladar as algas de xeito manual, o que mellorará notablemente as súas condicións laborais.
A embarcación polivalente 'Praia de Raposiños' ten capacidade para catro tripulantes e está dotada de tódolos aparellos necesarios para realizar labores de control. Ademais, o barco de 480 cabalos de potencia, permitirá á confraría mellorar a produción dos bancos marisqueiros e facer labrados continuos sobre os mesmos, para que deste xeito o sustrato esté nas mellores condicións posibles.
O novo buque contou cun orzamento de 150.000 euros, financiados con fondos europeos IFOP a través das axudas de Pesca Costera Artesanal. A embarcación foi construida nos esteleiros Otero y Losada de Boiro e a montaxe realizouse nos talleres Alfredo y Miguel de Ribeira.
Ver Noticia Completa
|
Fuente: finanzas 15/12/2005 |
|
Comentarios: |
Añadir comentario |
|
|
|
|
|
|
|
|